Sunday 12 de May de 2024

A Secretaría Xeral de Igualdade imparte formación para a Mesa Local de Coordinación fronte a Violencia de Xénero de Lousame


O salón de plenos do Concello de Lousame acolleu esta mañá a segunda sesión formativa dirixida ás persoas integrantes da Mesa Local de Coordinación Institucional fronte a Violencia de Xénero do Concello de Lousame. Unha formación ofrecida pola Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade a través da Secretaría Xeral de Igualdade.

 

Durante estas oito horas formativas, as persoas integrantes da mesa local de coordinación recibiron formación en materia de igualdade e prevención da violencia de xénero. Á xornada asistiron as distintas entidades representadas na Mesa Local, presidida pola concelleira de Igualdade e Servizos Sociais, Silvia Agrafojo. Entre outras entidades presentes figuraban as representantes dos Servizos Sociais de Lousame, do CEIP Cernadas de Castro, do CIM de Noia, da Garda Civil de Noia e do centro de saúde lousamiá.